© Museo Valle-Inclán. A Pobra do Caramiñal · Teléfono: 981 831 662 · Correo: info@museovalleinclan.gal
O Museo de Valle-Inclán ofrece visitas especializadas para persoas con problemas de visión. Contamos con pezas elaboradas especificamente para que poidan ser tocadas como: unha reprodución da Torre de Bermúdez, un busto de Valle-Inclán, teas que imitan os traxes usados en representacións teatrais, reproducións en relevo de ilustracións de artistas como Álvaro Cebreiro, Moya do Pino ou Carlos Maside e textos en braille relacionados co escritor, A Pobra do Caramiñal ou Galicia.
Para solicitar este servizo póñase en contacto co Museo Valle-Inclán mediante info@museovalleinclan.gal ou o teléfono 981 83 16 62.
A maiores tamén temos dispoñibles audioguías mediante código QR.
O Museo Valle-Inclán conta cun servizo de atención a investigadores que ten como finalidade atender a estudosos, investigadores e público en xeral. Así sexa, para coñecer aspectos relacionados con pezas do museo, documentación ou fondos bibliográficos. Para acceder á reprodución dalgún dos fondos museísticos os solicitantes deberán cubrir o seguinte impreso e envialo a info@museo.valleinclan.gal
SERVIZOS
CONTACTO Os investigadores que desexen información deberán poñerse en contacto co museo mediante museo.valleinclan@apobra.gal
Para a realización de visitas guiadas é necesario solicitalas previamente cubrindo o escrito de “Visitas en grupo”, o número mínimo de visitantes que se necesitan para que este servizo leve a cabo é de 5 persoas. Unha vez cuberto este documento tense que enviar por Rexistro ao Concello da Pobra do Caramiñal a través da súa Sede Electrónica ou presencialmente.
As visitas poderanse levar a cabo de martes a venres en horario de 10:00 a 14:30 ou de 16:30 a 19:30.