Denomínase así a sala situada no primeiro andar da torre, por ser este un espazo interesado en divulgar a etapa de consagración do escritor á estética modernista. Antigamente esta estancia sería unha gran sala caldeada pola cheminea parietal, da que pende un escudo, tallado en madeira, conforme aparece representado en libros seus.
Ofrece varios paneis explicativos, onde podemos consultar, de forma abreviada, unha presada de informacións contrastadas sobre os temas especificamente divulgados.
É neste período cando don Ramón adopta a súa característica imaxe pública. En 1915 e 1916, Valle-Inclán, un home que nunca deixa de reflexionar nin de fabular, solicita «rehabilitación a su favor en los títulos de Marqués del Valle y Vizconde de Veixín», aos que engade aquel eufónico de «Señor del Caramiñal», do que fan gala el e os seus discípulos. En tan noble ideal terza décadas despois o intelectual e escritor Victoriano García Martí, que propón renderlle un merecido tribto nacional a don Ramón e así obsequialo cun fogar definitivo en Galicia: a torre de Bermúdez.