¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Sala Arousa

Sala 1

Denomínase así a sala situada no andar baixo da torre, por ser este un espazo interesado en contextualizar o marco xeográfico, comunitario e familiar do escritor don Ramón del Valle-Inclán Peña, xenio e figura universal, de berce e filiación arousás.

Ofrece varios paneis explicativos, onde podemos consultar, de forma abreviada, unha presada de informacións contrastadas sobre os temas especificamente divulgados.

A biografía de don Ramón ten espertado o interese de numerosos investigadores e críticos literarios. Nace na localidade de Vilanova de Arousa, na banda sur da ría de Arousa, o 28 de outubro de 1866. Aínda que el, dado a fabular sobre a súa vida, unhas veces declarase ser natural da Pobra do Caramiñal, na banda norte da ría, e outras, afirmase que nacera nun barco que facía a travesía entre ambos os portos, no medio do mar. É posible rastrexar as súas orixes a través das propiedades familiares. Herdeiros de ascendencia fidalga, posuidores de pazos e rendas de foros campesiños nas terras do Salnés e do Barbanza, pero vidos a menos.

«Gran cariño profeso a la antigua Arosa. Amo en ella las poéticas noches en que el cielo, tachonado de estrellas, se refleja en el límpido y brillante cristal de la ría; amo en ella las melancólicas tardes de Otoño en que al ocultarse el sol tras el Barbanza, envía al ondulante mar y a las quebradas y pintorescas colinas de la ribera su rayo de despedida,…; y sobre todo, amo en ella los recuerdos que conserva de un pasado de gloria y bienandanza para Galicia, recuerdos siempre gratos a los que vemos en la historia, el hilo de oro que une a las generaciones y sentimos latir poderoso en nuestros pechos el amor a las cosas de la tierra en que hemos nacido».

Ramón del Valle Bermúdez, 1878

Observemos o mobiliario e obxectos reunidos:

Primeiramente

O moble de libraría, procedente da casa de Jesús Muruais, bibliógrafo e profesor de latín no Instituto de Pontevedra, onde Valle-Inclán puido ler os máis importantes autores europeos de literatura e arte do século XIX. Tamén, a colección de aparellos precinematográficos, que pon énfase nos ecos da «lámpada marabillosa»: é dicir, na importancia cultural e mediática das proxeccións narradas ou escenificadas con teatros de sombras, praxinoscopios teatros e lanternas máxicas, moi populares nos séculos XIX e XX.

 

PICA SOBRE AS MINIATURAS PARA VELAS EN DETALLE

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Seguidamente

En vitrinas, a escolma de documentos orixinais e facsimilares, que informan dalgúns dos principais antepasados de don Ramón del Valle-Inclán, en especial do seu pai e da relación daquel con Manuel Murguía: oficios militares, cartas e escritos administrativos, actas de sesións municipais, libros dedicados, fotografías familiares de época. De entre todos eles, merece atención esa carta manuscrita que un xuvenil don Ramón lle dirixe a un vello Murguía para lle solicitar o prólogo para un libro próximo a editar (1893), así como o exemplar do seu primeiro libro publicado, Femeninas. Seis historias amorosas (1895), con nota do autor. 

No entanto, tras o pasamento do seu pai sucede a venda desta torre a favor dun industrial migrado a terras galegas, dando paso a tempos de ruína. Nesta sala consérvase a escritura orixinal, outorgada en Pontevedra, a 17 de abril de 1898, ante o notario Valentín García Escudero.

 

PICA SOBRE AS MINIATURAS PARA VELAS EN DETALLE

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar