¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Museo Valle-Inclán

A Pobra do Caramiñal

O museo está situado na torre de Bermúdez (séc. XVI), declarada Monumento Histórico-Artístico en 1976 e vinculada á familia de Valle-Inclán, xa que pertenceu ao seu avó e á súa avoa. O museo, de iniciativa municipal, foi creado en 1986 co obxectivo de conservar e difundir testemuños da obra e da vida do escritor.

Ramón del Valle-Inclán (1866 - 1936) é un dos escritores galegos máis representativos da literatura en lingua castelá, caracterizado pola súa vocación innovadora, o resentimento social e a técnica esperpéntica, e a eterna memoria do mundo rural galego. No museo achéganse datos da vida do escritor e da súa produción artística, así como referencias á época en que viviu e a personalidades con quen compartiu inquedanzas e oficio.

No museo atópanse primeiras e raras edicións de libros do autor, manuscritos orixinais, fotografías de época, obxectos de belas artes (escultura, pintura, caricatura), vestiario, escenografías e cartelaría teatral. Ademais, conta cunha sala para exposicións temporais e un auditorio no cal se organizan distintas actividades culturais ao longo do ano.

Planifica a túa visita  
ao museo

Contacta connosco para planificáre-la túa visita, ben sexa individual ou en grupo; podémosche ofrecer moitas máis opcións ca a visita ao museo, incluíndo itinerarios por distintas localidades ou informarte acerca das opcións de accesibilidade para aproveitares ao máximo a experiencia.

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Boletín

Subscríbete ao noso boletín de noticias para estares ao día de tódalas novidades que ofrece o museo.