22. Universidade literaria
«Para don Ramón del Valle-Inclán, unha causa principal da desvalorización de Galicia [no concurso nacional] é a mala calidade da súa representación. Aquí, dito en frase moi do eximio escritor, escóllese o que flota: pero non a flor da espuma, senón a cortiza.
[…]
Entrar na Universidade de Compostela e contemplar os vítores nos que se honra a memoria de certos «fillos ilustres» da nosa terra, aflixe a alma. Alí están, desde Montero Ríos a Viguri, toda a gama de caciques aos que houbo que render submisión e loanza. Non semella, senón que a Universidade galega fose sempre unha escola de caciques, de deputados por Carballo e Negreira.... e, ¡vamos! para iso, puido estar pechada, que sairíamos gañando...
[…]
―De moitos males bótase a culpa ao Goberno de Madrid; pero hai que facer antes acto de contrición e buscar dentro da casa as causas que queremos encontrar fora.».
(Santiso Girón, Laureano: “Palabras de Don Ramón del Valle-Inclán (III). Hai que rematar en Galicia con este caótico orde de valores”. El Pueblo Gallego. Vigo, 5.VI.1935)
Extracto de “SANTIAGO DE COMPOSTELA: ROSA MÍSTICA DE PEDRA. Ruta literaria de D. Ramón del Valle-Inclán”; edición a cargo de: Joaquín del Valle-Inclán Alsina e Antonio González Millán; traducción: Pilar Sampedro; patrocina: Concello de Santiago de Compostela, área de Acción Cultural e INCOLSA ― Turismo de Santiago, 2021 (2ª ed.); 2016 (1ª Ed.).