¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Historia

A orixe de tan exquisita arquitectura pregoa a prosperidade do Caramiñal no século XVI. Lugar entón elevado á categoría de vila. Entre as individualidades máis ambiciosas daquel tecido humano do Cincocentos sobresaen os nomes de Juan Domínguez Giance e Constanza Domínguez de Búa, matrimonio de amplos caudais. Son os promotores deste edificio.

Co paso dos tempos, esta torre e casa principal foi solar da estirpe paterna do escritor Valle-Inclán. Primeiro, tomada en foro nos anos finais do século XVIII. Logo, adquirida como consecuencia das leis de desamortización a mediados do século XIX. Don Ramón do Valle-Inclán profesaría un gran agarimo a esta herdanza familiar. Á torre alude con emoción, en prensa ou en faladoiros, e esta figura en relatos de inspiración galiciana como un escenario significativo de clase e señorío. Aquí declara residir ao regresar da súa primeira viaxe ás Américas (1893).