O inmoble actual segue o proxecto de restauración integral da Torre de Bermúdez presentado polo técnico de patrimonio artístico Carlos Fernández Gago, arquitecto da Coruña, antigo conselleiro da Comisión de Belas Artes da Consellería de Cultura, da Xunta de Galicia. Unha iniciativa adoptada ao abeiro do Real decreto 249/1976, de 9 de xaneiro, polo que se declara monumento histórico-artístico de carácter nacional, que, entre as súas cautelas, determina os usos, que «deben ser preservados de reformas e innovacións que podan menoscabar ou modificar o seu carácter».
Inaugurado o día 30 de abril de 1988 como salón de actos – Auditorio do Museo Valle-Inclán. Rehabilitado entre 2002 e 2003 co deseño, amoblamento e equipamento actuais, baixo a tutela da Dirección Xeral de Patrimonio, para poñer en valor a parte nova do inmoble, como parte legal e funcional dun dos monumentos máis sobranceiros do Renacemento Galego.
PICA SOBRE AS MINIATURAS PARA VELAS EN DETALLE