En vitrinas, a escolma de documentos orixinais e facsimilares.
Na primeira, á esquerda, vistosas primeiras edicións de libros de ideario tradicionalista, como a triloxía da Guerra carlista (1908-1909) e Voces de gesta (1912); a tarxeta postal enviada por don Ramón a Manuel Company, con poema manuscrito (1902); memorias de García Martí sobre a elección de Valle-Inclán como presidente do Ateneo (1932); unha das cartas enviadas a Manuel Azaña (1935); o comunicado emitido polo Partido Galeguista (1936).
Na segunda, ao centro, parte principal das obras completas de Valle-Inclán, en especial os volumes da colección Opera Omnia, (1913-1936), e outras edicións de coidadas portadas. Complemento seu son, na terceira vitrina, as publicacións periódicas e por entregas.
PICA SOBRE AS MINIATURAS PARA VELAS EN DETALLE